OS TEUS GUÍAS POR GALICIA

A emigración galega en cuba

A emigración galega en cuba

Cuba foi un dos focos máis importantes da emigración galega a América, especialmente no século XIX e principios do século XX. Pero ademais, xogou un papel destacado no apoio a todos os proxectos vinculados ao Rexurdimento e á difusión da lingua e identidade galegas.

Afonso X O Sabio

Afonso X O Sabio

"O monarca que de tanto mirar as estrelas se esqueceu a terra". Así se definiu a Afonso X, un rei que deixou para Galicia un legado fundamental: o principal monumento literario da lingua galega medieval, as Cantigas de Santa María.

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro

É un dos grandes escritores en lingua galega. O territorio galego é é fundamental para comprender a súa obra literaria e xornalística: por unha banda, a Terra de Miranda que ten a Mondoñedo como capital, de onde procede boa parte da súa inspiración literaria e, pola outra, viaxaremos a Vigo, onde coñeceremos a súa outra faceta da escrita profesional: o xornalismo.

Andrés Avelino Comerma

Andrés Avelino Comerma

Comerma realizou importantes investigacións no campo das ciencias e das humanidades e divulgou en artigos de prensa, libros e conferencias os últimos avances tecnolóxicos do seu tempo, como o cinematógrafo, o fonógrafo, a fotografía e a luz eléctrica. Membro de varias sociedades científicas españolas e do estranxeiro, foi un home de espírito polifacético e universalista, e o seu prestixio profesional alcanzou sona mundial. Andrés Comerma é a figura homenaxeada no Día da Ciencia en Galicia 2020.

Antolín Faraldo

Antolín Faraldo

Antolín Faraldo naceu en Betanzos en 1822. Aos dez anos a familia trasládase a Compostela. Aquí residirá até a fin da revolución de 1846. Polo tanto, o período da súa formación e madurez. Malia estudar Medicina, Faraldo axiña se incorporou á prensa. En pouco tempo converterase nun dos máis polémicos e activos propagandistas. O provincialismo e o progresismo (inclído o feminismo) guiarán a súa acción pública. Esta manifestouse a través da prensa, da Academia Literaria (da cal foi cofundador), da militancia política e da oratoria. Porque Faraldo, segundo as crónicas coetáenas, foi un vibrante tribuno. Co inicio da revolución de 1846 será nomeado secretario da Junta Superior del Gobierno de Galicia mais, en realidade, exerceu como líder malia a curta idade. A derrota, asinada co sangue dos Mártires de Carral, levárono ao exilio portugués. Tras pasar por prisión en Peniche, residirá uns meses en Lisboa para regresar en 1847 sob pena de “non residir en Galiza”. A partir de entón, sostendo o compromiso político co pobo galego, vivirá lonxe da terra. Primeiro en Pozoblanco (Córdoba), onde traballará no negocio de Vicente Manuel Cociña, e despois en Madrid. Na capital española será vítima da censura do Vaticano e do Goberno. Os últimos anos, xa como redactor de La Nación (órgano central do Partido Progresista), proseguiu co seu combate democrático. O último acto público no cal participou foi unha xornada a prol das familias galegas que padecían a fame de 1853. Por mor da doenza trasladouse a Granada para recuperarse pero alí atopou a morte. E nunca regresou á patria.

Antonio Fraguas

Antonio Fraguas

Antonio Fraguas foi un dos máis destacados etnógrafos do século XX en Galicia. Promotor de institucións e incansable activista cultural, o seu interese pola historia e a etnografía levouno a percorrer en profundidade o rural galego. O noso roteiro percorre algúns dos espazos vitais e de estudo do investigador ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas 2019.

Asociación de amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas

Asociación de amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas

Os cruceiros constitúen un dos monumentos máis sobranceiros do Patrimonio Cultural Galego e forman parte da identidade cultural que nos caracteriza como pobo diferenciado. Para Castelao, os cruceiros galegos son “a máis enxebre manifestación artística do noso pobo”. Temos que destacar que Galicia é o país do mundo con maior número de cruceiros, monumentos que, ademais, presentan unha grande variedade tipolóxica e cronolóxica. Dicía Vicente Risco que todos os cruceiros galegos se asemellan pero que todos se diferencian, o que vén a confirmar a teoría de que non hai dous cruceiros iguais, incluso entre os realizados por un mesmo canteiro ou santeiro, pois en cada un podemos atopar trazos distintivos. Polo que respecta á súa cronoloxía, en Galicia podemos atopar cruceiros que van dende o século XIV ao XXI, pois na nosa terra o costume de facer e poñer cruceiros segue vivo. Co obxecto de dar a coñecer os nosos cruceiros, o Consello da Cultura Galega e a Asociación de amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas, presentan esta serie de roteiros para animar a todas as persoas interesadas no noso patrimonio, a coñecer e visibilizar estes monumentos senlleiros, que, lamentablemente e na maioría dos casos, ou pasan desapercibidos ou son pouco valorados. O segundo xoves de cada mes publicarase un novo roteiro que permitirá coñecer a diversidade territorial, xeográfica e artística destes monumentos emblemáticos.

Castelao

Castelao

Castelao convertirase na gran figura política e identitaria da Galicia do século XX. Ilustrador, escritor, activista político e cultural, segue a ser unha das figuras máis coñecidas da Historia galega. As nosas viaxes propoñen percorrer o Barbanza, territorio da súa infancia, e Pontevedra, a cidade na que desenvolveu a súa madurez creativa e política antes da Guerra civil.

Concello de Ourol

Concello de Ourol

A Ruta Indiana en Ourol foi posta en marcha polo Concello de Ourol co apoio da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense, cofinanciado pola Secretaría de Estado de Turismo, a Xunta de Galicia e a Mancomunidade.

Eduardo Pondal

Eduardo Pondal

A poesía do gran bardo do Rexurdimento non se pode comprender sen o seu territorio da Costa da Morte e occidente da provincia da Coruña. As bravas paisaxes atlánticas non foron só obxecto de evocación, senón que converteu a propia e sonora toponimia destas comarcas nos heroes das súas composicións. Este longo roteiro é unha exploración da vida e obra de Pondal.

Enrique Labarta Pose

Enrique Labarta Pose

Escritor e xornalista de Baio (Zas).

Indianos de Ares

Indianos de Ares

Aresás e aresáns, como todos os emigrantes, viaxaban alén mar co soño de "facer as Américas", tal como lles oían dicir a veciños e familiares que os precederan na súa aventura transoceánica. E aínda que a maior parte das persoas emigrantes non fixeron fortuna e encontraron ocupación nos diferentes oficios urbanos da cidade da Habana, principalmente no comercio, un pequeno grupo acadou o éxito económico e social ansiado. Nel podemos citar a Francisco Bello Casteleiro, dedicado ao negocio da pesca en Cuba, ou aos empresarios do sector do carbón Luciano Rojo López, Constantino Rodríguez Freire, ou Antonio Vilar; tamén dos negocios de ferraxería e distribución de materiais como Gaspar Vizoso Cartelle, socio de Segundo Casteleiro, donos da sociedade "Casteleiro e Vizoso, S. A.", ou a José López Martínez coa firma "Aspuru y Cia." e Nicolás López Cancela, propietario do "Sloppy Joe's Bar" entre outros. Algúns retornarán de novo a Galicia, traendo a Ares as novas formas de vida que adquiriran durante a súa estadía en América, e aínda hoxe permanece a súa pegada na arquitectura, nos negocios e no imaxinario popular.

Indianos de Ribadeo

Indianos de Ribadeo

A vila de Ribadeo é un espazo privilexiado para comprender o profundo impacto da emigración na sociedade galega entre finais do século XIX e principios do XX.

Lois Tobío

Lois Tobío

Este roteiro permite coñecer a vila de Viveiro baixo os ollos e a vida do diplomático e escritor Lois Tobío Fernández, unha das voces do galeguismo da República e do exilio, e articulador de significativos textos vinculados á historia da Galicia contemporánea.

Manuel Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez

Xornalista e poeta, Curros Enríquez foi unha das figuras máis destacadas da Galicia de aquén e alén mar. Compañeiro no rexurdir das letras galegas dos outros grandes poetas do século XIX, os nosos percorridos permiten coñecer os territorios ourensás que lle valeron de inspiración e un paseo urbano pola Coruña do Rexurdimento e o galeguismo.

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo

O gran petrucio da cultura galega sempre estivo moi vinculado ás terras ourensás das que era ben coñecedor. Desde Ourense, Trasalba ou Compostela, Otero Pedrayo alimentou a súa paixón pola cultura de Galicia. Foi, sobre todo, un inesgotable polígrafo que se nutría do denso corpus cultural de Galicia. Este roteiro permítenos coñecer como influiu na súa extensa e diversa obra.

Ricardo Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero

Ricardo Carballo Calero foi un dos intelectuais máis sobranceiros do século XX en Galiza. Filólogo, escritor e o gran pensador do reintegracionismo.

Rosalia de Castro

Rosalia de Castro

O noso roteiro explora o universo literario e biográfico ao redor da gran poeta de Galicia. Rosalía de Castro transitou entre Santiago de Compostela, a campiña da Amaía, Iria Flavia, Padrón e as ribeiras do Sar. Acompañados dos seus poemas, podemos coñecer como a autora teceu unha poesía no que paisaxe e vida se reúnen de xeito maxistral.

Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra

Dicir Uxío Novoneyra é dicir Courel, a serra do oriente lugués que foi o territorio vital a partir do cal nutriu unha poesía orixinal, limpa e directa. O noso roteiro permite percorrer a serra a cabalo dos versos do poeta.