Hotel Villa Venecia

Hotel Villa Venecia

Antigo Casino e Hotel Venecia

O antigo ?Villa Venecia?, propiedade de Ramón Palmeiro, obtivo un lugar destacado nos veráns viveirenses. En As Décadas de T.L., Tobío fai mención á procedencia do nome, recibido pola súa situación nun dos primeiros recheos da vila.O escritor e diplomático intentou hospedarse aquí no 65, despois de voltar do exilio. A súa ilusión viuse quebrada por atoparse todo reservado, aloxándose finalmente no ?Hotel Villa Dolores? de Covas.