Mosteiro de Conxo
3 de 27

Mosteiro de Conxo

Igrexa Campo de Conxo, s/n - 15706 Santa María de Conxo - Santiago de Compostela. A Coruña.

O mosteiro de Conxo fundouse en tempos do arcebispo Xelmírez. Desta época románica só se conservan dúas ás do claustro, sendo a fachada actual do século XVIII. A igrexa foi visitada por Rosalía cara 1861, recolléndose as súas impresións nunha carta que lle escribe ao seu marido. Conxo foi, ademais, o concello no que naceu, así como o escenario da súa novela en castelán El primer loco. Cuento extraño. Cabe sinalar que a finais do século XIX as instalacións comezaban a funcionar como manicomio.

http://www.santiagoturismo.com/Monumentos/ficha.asp?id=74&tipo=MNT

Fotografías e vídeos