Torres de Oeste
8 de 27

Torres de Oeste

Castelo Oeste - 36612 Catoira - Catoira. Pontevedra.

Rosalía dedicou un poema de Follas Novas ás Torres de Oeste. O monumento atópase no concello de Catoira, na desembocadura do río Ulla, nun lugar no que as escavacións demostraron que estivo habitado desde o século I. Posteriormente, no IX, Afonso III decidiu facer alí unha fortaleza para defender ás terras de Compostela; mentres que no XII, Xelmírez reforzou o enclave militar. O conxunto estaba formado por sete torres, das que só se conservan parte de dúas máis unha capela románica.

http://www.vikinga.es/