Praza de Vigo
1 de 27

Praza de Vigo

Espazo biográfico Praza de Vigo - 15701 Santiago - Santiago de Compostela. A Coruña.

Nesta praza de Santiago de Compostela sitúase un monumento en homenaxe a Rosalía, dedicado polo Concello en 1982. Aquí atopábase a vivenda (xa desaparecida) na que naceu a poetisa. Daquela, a construción lindaba co que se chamaba Camiño Novo, hoxe denominado Avenida de Rosalía de Castro na súa honra. Por detrás da casa estendíanse os campos de San Xosé, de Ramírez e de Cornes.