Carril
9 de 27

Carril

Igrexa Carril - 36600 Carril - Vilagarcía de Arousa. Pontevedra.

En 1884, pouco antes do seu falecemento, Rosalía estivo varios días en Carril para gozar do mar. A importancia deste pobo radicou no seu porto comercial que chegaría a ser un dos de maior transcendencia de Galicia ata finais do século XIX. Tivo tamén a categoría de concello, fusionándose en 1913 aos de Vilagarcía e Vilaxoán. Como recursos visitables, hai que salientar a igrexa, as casas mariñeiras, o porto, a Illa de Cortegada e o monumento a Rosalía, obra do escultor Xoán Piñeiro Nogueira.

321