Apeadeiro de Carril
10 de 27

Apeadeiro de Carril

Igrexa Avda. Rosalía de Castro, 104 - 36600 Carril - Vilagarcía de Arousa. Pontevedra.

O 15 de setembro do ano 1873, inaugurouse a primeira liña de ferrocarril galega, cun trazado de corenta e dous quilómetros que unía ao antigo concello de Conxo co de Carril. Anos despois do estreo, cara a 1884, Rosalía desprazouse no tren ata a vila mariñeira, onde pasou varios días para gozar do mar, xa que a súa doenza comezara a agravarse. A antiga estación de Carril, apeadeiro desde os anos 50 do século XX, converteuse na actualidade na sede do Museo do Ferrocarril.

Aberto de Martes a Venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas; e Festivos, de 11:00 a 14:00 horas. Luns, sábados e domingos pechado.