Rúa de Juan Rodríguez (antiga rúa do Sol)
11 de 27

Rúa de Juan Rodríguez (antiga rúa do Sol)

Igrexa Rúa de Juan Rodríguez, s/n - 15910 Padrón - Padrón. A Coruña.

Desde o seu nacemento en Compostela en 1837, Rosalía morou coa súa familia en moitas vivendas de diferentes concellos. Así, despois de estar en Lestedo e en Ortoño, sábese que viviu coa súa nai ata os anos 50 nunha casa de Padrón da antiga rúa do Sol. Na vivenda, hoxe totalmente transformada, sitúase desde 1963 unha placa da Real Academia Galega como homenaxe no centenario da publicación de Cantares Gallegos.