Pazo de San Lourenzo de Trasouto
16 de 27

Pazo de San Lourenzo de Trasouto

Igrexa Carballeira de San Lourenzo, s/n - 15705 Santiago - Santiago de Compostela. A Coruña.

O pazo de San Lourenzo foi fundado no século XIII por Martín Arias, bispo de Zamora. No século XV pasa a ser propiedade dos condes de Altamira, quen o ceden en usufruto á orde franciscana. Coa desamortización, o ben é incautado polo Estado, devolvéndollo á herdeira dos Altamira tras un litixio. Na estrutura da igrexa aínda se conservan restos románicos do primeiro edificio. San Lourenzo, co seu xardín conventual, serviu de retiro e inspiración a Rosalía, dedicándolle un poema en Follas Novas.

http://www.pazodesanlorenzo.com

Aberto de Martes a Xoves, de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 horas. Sí son visitables a igrexa, o claustro e a sancristía.