Igrexa de Esperante
19 de 29

Igrexa de Esperante

Espazo biográfico, Igrexa Esperante s/n - 27325 San Pedro de Esperante - Folgoso do Courel. Lugo

A Igrexa de San Pedro de Esperante érguese nun outeiro á beira do río Lor, nunha zona na que este é atravesado por unha ponte do século XVII e outra recente de formigón. Xunto ao templo, conservánse os restos da antiga reitoral, dun pombal e dun sequeiro. A relación do poeta con Esperante coñecémola grazas ao recordo do seu amigo Manuel María, quen nunha estadía con el en Parada foron a pasar o día ao lugar, algo afastado este núcleo da zona na que se ergue solitario o templo parroquial.