Muíño na Ponte Sarela
17 de 27

Muíño na Ponte Sarela

Igrexa Ponte Sarela, s/n - 15705 San Paio de Santiago - Santiago de Compostela. A Coruña

O concello de Santiago de Compostela, terra natal de Rosalía, está bañado, entre outros, polo río Sar e polo Sarela, afluente do primeiro. Ambas correntes de auga volven a estar presentes na vida e na obra da autora. Así, ao Sar, que desemboca en Padrón, dedicoulle a obra En las orillas del Sar. Ademais, as referencias a ambos cursos e ás súas construcións están presentes en Follas Novas e en Cantares Gallegos, por exemplo aos muíños da zona de Vidán.