Instituto Rosalía de Castro
19 de 27

Instituto Rosalía de Castro

Igrexa Rúa San Clemente, 3 - 15705 Santiago - Santiago de Compostela. A Coruña.

O antigo Colexio San Clemente de Pasantes foi fundado no século XVII polo arcebispo Xoán de San Clemente. Posúe planta cuadrangular e dúas alturas, organizadas en torno a un claustro. Na fachada principal é de salientar o tratamento de estilo renacentista da portada. O edificio albergou diferentes sedes de institucións como a do Museo Arqueolóxico, a da facultade de Dereito ou a da Sociedade Económica de Amigos do País. Será nestas aulas nas que Rosalía cursou algúns dos seu primeiros estudos.

http://www.santiagoturismo.com/Monumentos/ficha.asp?id=153&tipo=MNT