Catedral de Santiago de Compostela
21 de 27

Catedral de Santiago de Compostela

Igrexa Praza do Obradoiro - 15705 Santiago - Santiago de Compostela. A Coruña.

A partir de 1075 comezou a construírse en Compostela un templo na honra do apóstolo Santiago. Ao longo dos séculos, foise modificando e enmascarando as partes románicas, sobre todo de cara ao exterior. Así, a fachada do Obradoiro, de época barroca, dispúxose sobre a antiga existente a modo de pano ornamental, escondendo detrás o Pórtico da Gloria. Rosalía destacará nas súas obras a grandeza do templo de peregrinación xacobeo e, sobre todo, deste pórtico.

http://www.catedraldesantiago.es/