Casa Grande de Cima de Vila
19 de 25

Casa Grande de Cima de Vila

Casa Museo, Espazo biográfico Trasalba, 66 - 32172 Trasalba - Amoeiro. Ourense.

A Casa Grande, erixida a finais do século XVIII por un devanceiro de Otero Pedrayo, era usada pola familia como vivenda de verán. Será neste lugar no que se acrecente a sensibilidade do escritor coa cultura popular transmitida, segundo el, pola súa avoa paterna. Pero ademais, tras ser expedientado e cesado como catedrático, a residencia será o seu refuxio durante a Guerra Civil e a súa morada despois de xubilarse. Construtivamente, cabe sinalar que unha das solainas foi deseñada por Castelao.

http://www.arrakis.es/~trasalba/default.htm 988281139

Aberto de Martes a Domingo, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, en verán (de maio a setembro); e de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas, en inverno (de outubro a abril)