Pazo Gaión ou do Campo
21 de 25

Pazo Gaión ou do Campo

Pazo, Espazo biográfico Trasalba, 64 - 32172 Trasalba - Amoeiro. Ourense.

O tamén coñecido como Pazo de Trasalba, linda coa casa familiar de Otero Pedrayo, liñaxe á que pertenceu durante varios anos. De feito, a principios do século XX, Eladia Pedrayo cédeo como escola na que impartirá clases o mestre e poeta Noriega Varela. Pero ademais, o Pazo do Gaión será inspiración literaria para Ramón Otero en obras como Os camiños da vida, exemplificado no da Seara no que residen os Doncos; ou en lendas como a do Criado da Casona do Campo.