Praza de Mazarelos
23 de 27

Praza de Mazarelos

Espazo biográfico Praza de Mazarelos - 15703 Santiago - Santiago de Compostela. A Coruña.

Mazarelos condensa a relación entre Rosalía e Compostela. En 1863, un 17 de maio, firma a dedicatoria da primeira edición de Cantares Gallegos, na vivenda que ocupaba a carón do antigo arco da muralla. Anos despois, en 1891, durante o traslado dos seus restos mortais ata Bonaval, será obxecto dunha espontánea homenaxe. Cando a comitiva pasaba por diante da actual facultade de xeografía e historia, o berro de quot;detente Rosalía! quot; faina deterse a escoitar a Vilas en representación do estudantado.