Igrexa de San Pedro de Trasalba
18 de 25

Igrexa de San Pedro de Trasalba

Igrexa, Espazo Literario Trasalba, s/n - 32172 Trasalba - Amoeiro. Ourense.

A Igrexa de San Pedro, próxima á Casa Grande de Cima de Vila, foi o lugar no que se bautizou Ramón Otero Sotelo, pai de Otero Pedrayo. O templo tamén era moi frecuentado pola súa nai durante as estadías en Trasalba. A construción posúe numerosos elementos románicos, un dos tres momentos artísticos únicos en Galicia para Pedrayo, xunto co quot;céltico quot; e o barroco. Para el, o campo sempre é románico, e viaxando polas parroquias campesiñas apréndese a interpretalo.