Pazo de Cornoces. Residencia Santa Catalina
16 de 25

Pazo de Cornoces. Residencia Santa Catalina

Punto de paso Cornoces, s/n - 32172 Amoeiro. Ourense.

Para Ramón Otero, o Pazo de Cornoces é un exemplo de construción pacega da bocarribeira dos Chaos de Amoeiro. A documentación histórica máis antiga atopada data de 1779, ano no que era propiedade de Juan de Porras Figueroa y Calderón. Un século despois, é doado a unha institución relixiosa, sendo colexio e residencia das hermanitas de la Caridad, como escribe Pedrayo, acollendo desde 1978 a persoas con deficiencias psíquicas.

http://www.fundacionsanrosendo.com/705_StaCatalina.html