Ponte Mandrás
13 de 25

Ponte Mandrás

Ponte, Espazo Literario Ponte Mandrás, s/n - 32135 San Cristovo de Cea. Ourense.

A Ponte Mandrás é un elemento patrimonial que Otero traslada a súa obra como un referente xeográfico que une Amoeiro e Cea en Os Camiños da Vida. Situada no Barbantiño, linde natural polo oeste dos Chaos, poida que se construíra no século XIII como alternativa ao Camiño Real de Ourense a Santiago, evitando os portádegos que tiña. Proseguindo o río cara a Santa Baia, atopamos no linde con Maside outra ponte medieval, a de San Fiz, novo recurso literario en Pedrayo.