Monte de San Trocado
25 de 25

Monte de San Trocado

Montaña, Castros, Espazo Literario, Mirador, Ermida San Trocado, s/n - 32452 Ourantes Punxín.

Desde a solaina da Casa Grande de Cima de Vila, Ramón Otero divisaba fermosas paisaxes: serras, montes, cotos e pobos. Ourantes era un deles, ao pé do coto céltico do Santrocado, época que, xunto á románica e á barroca, sérvenlle a Pedrayo para explicar Galicia. O asentamento castrexo , próximo á citania de San Cibrán de Lás, xa estaba abandonado cando se comezou a construír este. Na actualidade, unha pequena capela e un vértice xeodésico coroan a croa, cunhas espectaculares vistas do Miño.