Cruceiro de San Fiz de Solovio
24 de 27

Cruceiro de San Fiz de Solovio

Igrexa Praza de San Fiz de Solovio, s/n - 15704 Santiago - Santiago de Compostela. A Coruña.

Para analizar a importancia desta obra en relación con Rosalía, teriamos que trasladarnos no tempo e no espazo. Así, o que foi o cruceiro de Ramírez, ao que lle dedica un poema, ergueuse en 1719 na actual zona do ensanche, no contorno da praza Roxa. Foi trasladado logo á praciña de Fonseca e, anos máis tarde, ao lugar no que aínda o vemos hoxe. Desde aquí, podemos divisar cara ao leste a rúa das Trompas co convento barroco de Belvís ao fondo, tamén eferidos nas creacións da poetisa.