Pazo de Jáudenes
23 de 25

Pazo de Jáudenes

Espazo biográfico, Pazo A Forxa, 30 - 32456 Punxín - Ourense.

Ademais de ser un destacado elemento de Punxín para Otero, o pazo de Jáudenes era a residencia das súas amigas Amalia e Elisa Sarmiento. Ía a visitalas con frecuencia. De feito, no artigo que escribe sobre Losada Diéguez, conta a sorpresa que lle causou a este velo en Punxín diante do Pazo dos Sarmento co avogado Severo Arribas, home de Elisa. O edificio, que ten planta en forma de L e dúas alturas, posúe unha inscrición co ano de 1663, suposta data de construción.