Mosteiro de Oseira
12 de 25

Mosteiro de Oseira

Mosteiro, Espazo Literario, Espazo biográfico Oseira, s/n - 32135 - San Cristovo de Cea. Ourense.

A orde monástica está presente en As Onzas, conto previo á súa primeira novela, Os camiños da vida. Nesta segunda, un dos personaxes é un monxe exclaustrado de Oseira, quen narra a historia das orixes do mosteiro. A estreita relación de Pedrayo con Oseira pode lerse nunha carta a súa nai en 1956, onde comenta o encontro co abade do mosteiro en Madrid - señor muy fino y afectuoso que siente por mi gran simpatía . A comunidade cisterciense recibiu o premio Otero Pedrayo en 1997.

http://www.mosteirodeoseira.org/principal.html 988 282 004

Aberto de Luns a Sábados, ás 10:00, 11:00, 12:00 e ás 15:30, 16:30 e 17:30 horas; e Domingos e Festivos, ás 12:45 horas.