Santuario da Saleta
11 de 25

Santuario da Saleta

Punto de paso Cea, s/n - 32130 - San Cristovo de Cea. Ourense.

En palabras de Otero Pedrayo, Cea é un importante pobo, notable pola súa industria de pan de trigo do país, pola súa romaría da Virxe da Saleta, os castros do contorno (San Facundo)... A tradición polas festas en honra á Saleta comenza en 1908, data en que se edificou o templo, promovido pola veciñanza co apoio do párroco Don Jesús Gómez Alanís. O día 10 de agosto acodía toda a poboación a cear ao pé da devandita capela á luz do candil.