Pazo das Condomas
9 de 25

Pazo das Condomas

Punto de paso R. Principal, 105 32570 - Maside. Ourense.

Don Caetano, o señor dos Pazo da Seara en Os Camiños da Vida, divisaba desde a solaina a paisaxe de montaña, que pecha aos Chaos de Amoeiro, e os soutos das Condomas, aló por riba de Maside . De aquí tamén era o Fidalgo, protagonista dun poema de Bocarribeira. A obra, destacada na Guía de Galicia, foi fundada por don Bieito da Peña no s XVII, conservándose na familia por liña feminina. Cabe salientar a cheminea e a ponte pétrea que une o pazo coas construcións anexas.