Templo de Veracruz
8 de 25

Templo de Veracruz

Igrexa, Espazo Literario R. Evaristo Vaamonde, s/n - 32500 O Carballiño. Ourense.

O templo da Vera Cruz é un dos referentes do Carballiño, concello evocado frecuentemente na obra de Pedrayo. O escritor de Trasalba recolle o monumento na súa Guía de Galicia, alabando o gusto do arquitecto Antonio Palacios e a expresividade do proxecto, que sintetiza diversos estilos artísticos. A obra, promovida polo párroco D. Evaristo Vaamonde, enterrado na cripta, foi concebida como un centro de peregrinación para a visita dun fragmento da Cruz de Cristo conservada na vila.