Casa de O Cabido
5 de 25

Casa de O Cabido

Pazo, Espazo Literario Suasventanas, s/n - 32516 San Xoán de Cabanelas O Carballiño

Cabanelas, bordeada polos ríos Arenteiro e Avia, é un dos espazos de referencia na obra de Pedrayo, centro de bo viño tinto do ribeiro. Destaca a casa de O Cabido, que se alza preto da igrexa, pertencente á familia Quiroga. O primeiro piso destínase a vivenda, sendo utilizado o baixo como bodega. Un dos seus propietarios foi José Quiroga, marido de Pardo Bazán. A construción foi executada en dúas fases, tendo maior antigüidade a parte onde se levanta a solaina con balaustrada de pedra.