Reitoral de Campo Redondo
2 de 25

Reitoral de Campo Redondo

Espazo Literario Santo André, s/n - 32415 Santo André de Campo Redondo Ribadavia.

A reitoral de Santo André de Campo Redondo foi un antigo priorado que o mosteiro de San Martiño Pinario sustentaba no Ribeiro. Trátase dunha espléndida arquitectura clasicista do século XVIII, utilizada como lugar de almacenamento do viño. Destaca a súa bodega, coñecida como Cueva. Otero, entusiasta do viño e demais produtos do Ribeiro, refírese a ela como sobranceiro expoñente da arquitectura pacega. A obra foi restaurada recentemente co fin de albergar o Museo do viño de Galicia.