Ponte das Poldras sobre o río Avia
4 de 25

Ponte das Poldras sobre o río Avia

Espazo Literario, Rio, Ponte Leiro, s/n - 32420 Leiro - Ourense.

No baixo ribeiro do Avia sitúase o concello de Leiro. O río, afluente do Miño, está atravesado por varias pontes, como a das Poldras, punto de inicio do coto de pesca de Ribadavia, ademais de servir de paso entre a vila de Leiro e o Mosteiro de San Clodio. Esta pontella, recollida na obra Os ríos galegos, igual que a súa homónima de Xinzo, van ser recursos xeográficos recollidos na prosa de Pedrayo en O mesón dos ermos.