Pazos de Arenteiro
6 de 25

Pazos de Arenteiro

Espazo biográfico, Igrexa, Rio, Espazo Literario, Pazo, Ponte Pazos de Arenteiro - 32154 - San Salvador de Pazos de Arenteiro. Ourense.

Pedrayo, en O libro dos amigos, evoca o día que pasou en Boborás con Risco e Losada, en Moldes e gozando da ponte ilustre e das adegas de Pazos de Arenteiro . O lugar foi declarado conxunto histórico en 1973, tendo no seu haber un gran número de construcións pacegas, das que Otero salienta o pazo dos Cervela. Sobresae a románica igrexa de San Salvador, que formou parte dun antigo mosteiro. O viño foi elemento singular da zona, a fonte de riqueza que propiciou a proliferación dos pazos.