Priorado de Arrabaldo
22 de 25

Priorado de Arrabaldo

Espazo Literario, Espazo biográfico, Pazo, Mosteiro A Granxa, s/n - 32990 Santa Cruz de Arrabaldo - Ourense.

En Os camiños da vida, o escritor de Trasalba introduce a un monxe exclaustrado como personaxe, quen se dirixe ao priorado da Granxa en Santa Cruz de Arrabaldo, situado a poucos quilómetros da casa patrucial Oteriana. Este mesmo lugar vai ser o protagonista do conto de O Maroutallo, cuxa historia se desenvolve no contorno da Granxa. O priorado foi un dos máis importantes que o mosteiro de Oseira posuía, a cuxo cenobio pertenceu antano o padriño de Pedrayo.