Mosteiro de San Clodio
3 de 25

Mosteiro de San Clodio

Mosteiro, Igrexa, Espazo Literario San Clodio, s/n - 32420 Santa María de San Clodio Leiro. Ourense.

Otero no ensaio sobre a cultura galega expresa que Galicia é un país de mosteiros desde o século X. San Clodio ou Oseira representan o poder perdido da Igrexa, nunha sociedade galega en plena transformación a finais do XIX. No mosteiro de San Clodio destaca a súa igrexa, que conserva unha das tres fachadas orixinais do císter en Galicia. Este monumento histórico nacional é declarado BIC en 1981, e actualmente funciona como hotel, convertíndose no primeiro Hotel-Monumento de Galicia.

http://www.monasteriodesanclodio.com/ES/hotel.html 988 485 601