Editorial Galaxia
8 de 16

Editorial Galaxia

Espazo Literario, Espazo biográfico R. Reconquista, 1 - 36201 Vigo - Vigo. Pontevedra.

A asamblea fundacional da Editorial Galaxia ten lugar en Santiago de Compostela o 25 de xullo de 1950 baixo a presidencia de Otero Pedrayo. Vinculado desde os inicios tamén estivo Francisco Fernández del Riego, amigo íntimo de Cunqueiro desde a infancia. Anos máis tarde, a partir de 1963, Don Paco, como era coñecido o laurentino, codirixiu con Ramón Piñeiro a revista Grial na que colaborará o mindoniense. Pero Galaxia tamén foi a editorial que publicou a maior parte da narrativa en galego de Cunqueiro.