Vivenda de Cunqueiro
9 de 16

Vivenda de Cunqueiro

Espazo biográfico R. Marqués de Valladares, 20 - 36201 Vigo - Vigo. Pontevedra.

Nun momento no que Cunqueiro estaba a atravesar unha mala situación económica, o seu amigo Alberto Casal o convence para que se traslade a Vigo. En 1961, o mindoniense establece a súa residencia na cidade olívica, na que permanecerá ata o seu falecemento en 1981. A maior parte dos anos, viviu nun piso na rúa Marqués de Valladares, rúa na que tamén tivo a súa residencia o seu amigo Darío Álvarez Blázquez.