Círculo Cultural, Mercantil e Industrial
15 de 16

Círculo Cultural, Mercantil e Industrial

Espazo biográfico R. do Príncipe, 44 - 36202 Vigo - Vigo. Pontevedra.

A finais da década dos anos 30, durante a curta estadía en Vigo, Cunqueiro impartirá varias conferencias. Unha das máis sonadas foi a que dá no Círculo Mercantil en decembro de 1937. Titulábase "Estampas y estilo de una decadencia", e nela estivo acompañado polo grupo musical "Trio Corvino". A sede social da rúa do Príncipe fora inaugurada oficialmente polos reis Afonso XIII e Victoria Eugenia dez anos antes, malia que levaba aberta desde 1922. O edificio na que se instala é obra do arquitectoManuel Gómez Román.

http://www.circulomercantilvigo.com/