Faro de Vigo
16 de 16

Faro de Vigo

Espazo Literario, Espazo biográfico R. Colón, 30 - 36201 Vigo - Vigo. Pontevedra.

Decano da prensa española, o diario Faro de Vigo imprímese por vez primeira en novembro de 1853 nun obradoiro da rúa da Oliva. Cunqueiro ingresará como colaborador fixo en 1961, sendo nomeado director en 1965, sustituíndo a Manuel Cerezales. O mindoniense dirixirá tamén o semanario Faro Deportivo e responsabilizarase da publicación non diaria de Vida Gallega, ata o seu cese voluntario en 1970. As oficinas situábanse na rúa Colón, nun edificio datado en 1912 e deseñado por Jenaro de la Fuente.