Xunqueira
4 de 32

Xunqueira

Espazo biográfico, Rio Xunqueira - 27850 - Viveiro. Lugo.

A zona foi especial para Lois Tobío, cunha paisaxe cargada de etnografía e historia, cos muíños de aceña ou a curtidoría. De mozo, ían pasar o día á Granxa, onde tiña casa o seu padriño, o notario Lucio Fernández Argüelles. En As Décadas de T.L. recorda estes e outros momentos, como a tristura pola súa morte un dos días en que saíra pescar, no Pozo de Piago, no paseo da Xunqueira. Este lugar será moi frecuentado na súa senectude, acompañado do seu amigo Carlos Nuevo durante os paseos estivais.