Hotel Orfeo
5 de 32

Hotel Orfeo

Espazo biográfico R. Juan García Navia Castrillón, 2 - 27850 - Viveiro. Lugo.

Co paso dos anos, Lois Tobío foi perdendo a familia que lle quedaba en Viveiro, comezando a aloxarse en hoteis da vila. Tras a morte da súa dona, volta a Viveiro case todos os veráns, hospedándose no Hotel Orfeo, inaugurado en 1982. O diplomático viveirense, persoa humilde e discreta, solicitaba sempre a mesma habitación, a número 48. Como condición única estaban as vistas do seu querido Mar de Viveiro.

http://www.hotelorfeo.net/ 982 562 101