Antigo Casino e Hotel Venecia
6 de 32

Antigo Casino e Hotel Venecia

Espazo biográfico Travesía da Mariña, s/n - 27850 - Viveiro. Lugo.

Os veráns de Lois Tobío estiveron vinculados co antigo casino de Viveiro, trasladado nos anos oitenta cara á zona do porto. Desde os seus anos mozos como estudante de Santiago, gozaba de relaxadas tardes tomando un café na súa terraza ou dos seus bailes nocturnos. No contorno consérvase o edificio do ?Hotel Villa Venecia?, que pasou a ser o conservatorio municipal. Trátase dunha construción eclecticista de principios do século XX, situada no antigo malecón, lugar dos paseos viveirenses.