Casa da Tía Matilde
7 de 32

Casa da Tía Matilde

Espazo biográfico R. Almirante Chicarro, 2 ? 27850 ? Viveiro. Lugo.

Na primeira década do pequeno Lois, a tía Matilde, irmá da nai, casa cun banqueiro chegado de Asturias, José López Aristegui. A relación entre eles vai ser moi estreita, manténdose ata a morte destes. A súa irmá Ofelia queda co matrimonio cando a familia Tobío Fernández marcha para Santiago de Compostela. Xa denantes do casamento, Matilde tiña unha tenda de roupa fina, La Parisien e un obradoiro de modista. Aquí o futuro diplomático con tan só oito anos botaba unha man á súa tía.