Farmacia Casariego
15 de 32

Farmacia Casariego

Espazo biográfico Rúa Pastor Díaz, 1 - 27850 - Viveiro. Lugo.

Tobío recolle en As Décadas de T.L. o recordo da Praza Maior, e das farmacias da vila emprazadas en tres das súas esquinas. A farmacia de Xosé Pla, cun atractivo escaparate onde sempre se detiña o pequeno Lois; a de Celso Varela, quen lle agasallaba con pastillas de goma; e a de Emilio Casariego. A súa rebotica acollía os faladoiros nos que participaban as personalidades locais, con Tobío Campos, pai do diplomático, entre eles. Ambas as familias mantiveron sempre unha relación de amizade.