Ponte da Misericordia
19 de 32

Ponte da Misericordia

Espazo biográfico, Ponte Viveiro s/n 27850 Viveiro Lugo

Trátase dunha construción de orixe romana, aínda que a actual data de 1554. A presente estrutura conserva só nove dos doce arcos que a formaban froito das transformacións sufridas. Por ela cruzaba Lois Tobío coa súa nai camiño da praia de Viveiro, ou durante as moitas noites de verán cos seus amigos. Conta a lenda que a cruz situada no seu centro fora colocada por un home para que os camiñantes parasen a rezar pola alma da muller por el asasinada.