Capela da Misericordia
20 de 32

Capela da Misericordia

Capela, Espazo biográfico, Pazo Avda. Misericordia - 27867 Covas ? Viveiro. Lugo.

A capela da Misericordia, pertencente ao pazo do mesmo nome, data de principios do século XVII. Tobío desde o balcón da súa casa podía contemplar esta obra, situada no outro estremo da ponte Maior. A vinculación máis estreita ven da man das pinturas murais realizadas por Díaz Valiño. Oito frescos que representan unha temática simbólica, e episodios da vida da Beata Constanza, parente da familia promotora da capela. A filla do diplomático recibe o nome de Constanza por este personaxe viveirense.