Chalé Donapetry
27 de 32

Chalé Donapetry

Espazo biográfico Avda. Benito Galcerán, 16 - 27850 - Viveiro. Lugo

Baixo o balcón dos Tobío Fernández, estaba o chalé dos Donapetry. O pequeno Lois gustaba de ver o espectáculo dos parrulos grises e azuis no corgo do xardín. O seu interese viña porque nunca acougaban, quer a esvarar pola tona da auga, quer camiñar cun lento abaneo ou a sacudir as azas deitando berros e pingotas de auga .