Cárcere Vello
999 de 11

Cárcere Vello

Espazo Literario

Se cruzamos a ponte do Burgo e facemos unha parada na cabeceira sur, poderemos evocar o chamado ?Cárcere da Ponte?. Ruinosa dende había tempo, a prisión foi derrubada no 1865 ao construírse a nova (na metade de século) sobre o que é a Audiencia hoxe. Nos restos da antiga levantarase a primeira praza de abastos cuberta. En relación a este cárcere e á súa lamentable situación, ademais das inhumanas condicións dos presos, aflora claramente a conciencia solidaria de Pintos (téñase en conta a súa formación xurídica). Os seus versos expresan e evidencian a súa sensibilidade social: Mira, Pedro, agora que falas de eso dígoche que seique val máis estar dez anos nun bo presidio que dez días nesa cadea de Pontevedra. Nese edificio triste, feo, cheirento, apestado, oscuro, inmundo que máis ben pode chamarse cortello ou tobo para feras que non casa para ter os homes. (...) Fondo burato donde nunca é día,/tumba de vivos por súa mala sorte,negra coroa de instrucción impía/digna da morte. (AGG, pp. 416 ss.)

Fotografías e vídeos