Basílica de Santa María
999 de 11

Basílica de Santa María

Espazo biográfico, Espazo Literario

Ante a basílica, ?pérola? da nosa arte, na que se bautizou Pintos e pola que sente admiración, é posible contemplar toda a paisaxe da ría. Neste punto é preciso evocar a relación de Pontevedra co mar que tamén rememorou Pintos nos seus textos (sobre todo os grandes navegantes como os Nodales, Sarmiento de Gamboa...): Santa María, que maior ti eras/de todas cantas tiña a vila dentro,¡Dios queira as outras vellas que te sigan/e que prosperen vendo tal enxempro! Maior, empero, ti serás de todas,/muito mellor na forma e ser externo: sin par na gracia de columnas e arcos,/no teu reparto claro e paramentos, nas mil ventages que o teu ancho espazo/garda servindo á vila de ornamento. Santa María, reina soberana,/anjos e images todas dese tempro, andias de prata hermosa onde garrido/vai adorado o Santo Sacramento. (AGG, p. 397) ¡Que viva a Moureira!/Viva o Sacramento! ¡Vivan os que rompen/cadeas de ferro! ¡Que vivan, que vivan/os ilustres netos do noso Charino/por seclos eternos! (AGG, pp. 258-9) Camiño do actual Concello, no que era o Eirado das Torres, estaba a fortificación dos Churruchaos ou as Fortalezas Arcebispais9 cuxo derrubamento impresionou a Xoán Manuel Pintos: ¿Que serán señales tristes/ver seus muros derrubados e esfareladas as pedras/das torres dos Churruchaos ¡Pontevedra! ¡Pontevedra!,/¡viñeron muitos quebrantos sobre ti e dos afogos/a hora che vai chegando! (...) ¡As pedras das catro esquinas/en que o pobo está asentado xuntarse queren doridas/a desafogar seu pranto! ¡Aquelas torres e muros/quer ó sol iban relumbrando, almeias, fontes e tempros,/xa se van volvendo cachos. Fasta ese Porto precioso,/que dou nacencia ó teu casco, lacera os peitos da xente/e dá lástima miralo. (...) ¡Señora facei que volva/a recobrar de contado aquel lustre e valimento/que os seus maores gañaron! (?Contos??, OPD, pp. 285-6)

Fotografías e vídeos