Mosteiro de San Pedro de Tenorio
1 de 33

Mosteiro de San Pedro de Tenorio

Mosteiro

Mosteiro beneditino situado a curta distancia da N-541 (Pontevedra-Ourense), na que existe un desvío á dereita, dirección Ourense, que chega ata ao edificio. Cítase por primeira vez en 1103, pero algúns autores coidan que pode datar do século X. A fachada do templo e a das dependencias monásticas forman un ángulo; diante delas érguese un cruceiro. No primeiro, que conta cunha soa nave, hai dúas inscricións, de 1274 e de 1299, que quizais correspondan a cando se construíu ou reformou a construción antiga, xa que a actual data dos séculos XVII e XVIII e, en particular, a fachada, do XIX. Da casa monástica sobresae o claustro do século XVI, de dous corpos, do que só se conservan tres lados, con arcos de medio punto no inferior.

Segundo a tradición, os monxes deste mosteiro foron os que recoñeceron o milagre da fonte da parroquia de Aguasantas, neste mesmo concello, cando se lavou coa auga unha cega e empezou a ver e descubriu que onde abrollaba había unha imaxe da Virxe, orixe do actual santuario.

NAS PALABRAS DE ANTONIO FRAGUAS

            Cotobad es una tierra jurisdicional que dependía en otros tiempos del Abad del Monasterio de Tenorio y en su historia se cuentan episodios de todos los tiempos, desde la prehistoria hasta nuestros días.

(“Santiago en Cotobad”, La Noche, Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1964).

Pero ademais, a estatua falou con ela, dicíndolle que quería que lle levantasen alí unha igrexa onde lle tributasen culto. Os frades de Tanorio, ou Tenorio, comprobaron que era certo canto se dicía. De acordo monxes e veciños, comenzaron a construción dunha igrexa, coa condición de que virían a misa os domingos e outros días.

(Romarías e santuarios, Ed. Galaxia, Vigo, 1988: 286).