Carballedo: a capital do Concello
4 de 33

Carballedo: a capital do Concello

Espazo etnográfico

            O concello de Cotobade (denominado dende 2016 Cerdedo-Cotobade) conta dende a súa orixe, a comezos do século XIX, coas parroquias de Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, Sacos (Santa María), Sacos (San Xurxo), Tenorio, Valongo e Viascón. Non existe ningún núcleo urbano importante. A casa consistorial e demais dependencias administrativas atópanse no lugar da Chan. Tamén hai varios establecementos, restaurantes, bares etc.

            A curta distancia está O Igrexario, no que destaca, ademais do templo, o magnífico cruceiro labrado en 1860 por Manuel González Perdiz, natural de Covelo ‒ A Lama (1833-1905). Na aldea de Pazos pasou un verán Castelao coa familia, que aproveitou para estudar os cruceiros da zona, dos que insire sete debuxos en As cruces de pedra na Galiza (1950).

 

NAS PALABRAS DE ANTONIO FRAGUAS

            El municipio de Cotobade tuvo su propia jurisdicción, en la que nombraba juez ordinario el duque de Sotomayor y comprendía las mismas parroquias que el municipio actual con la excepción de Caroi… De la cesión del Burgo de Pontevedra y del Castro de Cotobade a la iglesia de Santiago, a causa de las injurias que recibieron unos peregrinos, nos queda noticia por un documento de Fernando II, fechado en el año 1180: facio chartam donationis et cautationis in perpetuum ualituram de burgo de Ponte Uetere… ac de castro Cottouade cum tota terra sua, cum omnibus terminis et pertinentiis suis.

            (“Cotobade”, en Gran Enciclopedia Gallega, VII, Silverio cañada editor, Santiago / Xixón, 1974).

O punto cero de onde saían os camiños xerais era a Chan de Carballedo, onde estaba o Concello. A eses camiños chamábanlle “Camiños reais”, porque por eles ían as ordes para os pedáneos e citacións xudiciais e calquera outro documento que requería entrega a domicilio.

                (“Os camiños vellos da nosa aldea. Todos gardan curiosas historias e lendas”, O Correo Galego, 1 de setembro de 1996).

            En Carballedo está a capital do Concello cotobadés, no lugar da Chan por non haber ningún topónimo co nome de Cotobade. Na Chan houbo sempre botica, comercios de telas, ultramarinos e bar con mesa de billar. A casa consistorial tiña o correspondente escudo. Na mesma casa estaba o xuzgado e o retén, a cadea estaba en San Xorxe [de Sacos]. Houbo dúas cortadurías e algunhas vegadas dúas farmacias. Vai o río moi cerca, eiquí ninguén lle chamaba Almofrei, tiña a categoría na denominación de río, os afluentes eran rigueiros. No pequeno campo da festa está a fonte pública de cantería.

(“O San Roque de Carballedo”, Faro de Vigo, 15 de agosto de 1989).