Beariz e a Terra de Montes
20 de 33

Beariz e a Terra de Montes

Igrexa, Espazo etnográfico

A torre do templo de Santa María de Beariz de Montes (a denominación oficial da parroquia) é obra de Xosé Cerviño, o artista de Aguasantas. Así como tamén o panteón acaroado ao presbiterio, coñecido como “Panteón de Merelles” (interesante obra de catro nichos superpostos en sentido lonxitudinal) xa que o mandou construír Domingo Antonio Merelles, deputado pola circunscrición de Ourense e logo polo Carballiño en varias lexislaturas (dende 1839 ata 1863) e senador pola provincia de Ourense; pai de Adolfo Merelles Caula, deputado polo distrito de Ribadavia e senador por Canarias, e avó de Adolfo Merelles Martel, tamén deputado por Ribadavia (1910-1914).

Non temos novas de ningún texto de don Antonio sobre Beariz, agás a sinopse que insire na Geografía de Galicia (1953) e a alusión que fai nun artigo que lle dedicou á Terra de Montes, en particular á desaparecida capela de San Bieito da serra do Candán.

 

NAS PALABRAS DE ANTONIO FRAGUAS

            El ayuntamiento de Beariz limita, al N. y W., con los de Lama y Forcarey; al S., con el de Avión, y al E., con el de Boborás. Tiene 2.653 habitantes de hecho y 2.951 de derecho. Comprende las siguientes parroquias: Santa María de Beariz, San Salvador de Xirarga y Santa Cruz de Lebozán.

(Geografía de Galicia, Porto y Cía., Santiago de Compostela, 1953: 412).

            O nome de Candán parece que recorda un culto pagán que podía ser o de Júpiter Candamio. Iste culto á grandeza montaraz debía ter un punto de reunión coa correspondente ara, e visto semellante lugar de culto pagán os benedictinos cistercienses cristianizaron o lugar dando culto a San Bieito, como monxes poboadores da montaña, e dende o século XII había unha pequena ermida, pequeño santuario onde se celebraba unha gran romería deica rematar o mosteiro de Acibeiro. O santuario foi adequirindo cada día máis importancia e non ían á festa de San Bieito da serra do Candán os da Terra de Montes só, tamén ían os das xurisdiccións de Señorín, Deza, Trasdeza e outros lugares de lonxe. Todo ía moi ben pero comenzou a pelexa, que foi pasando a gresca, na que tomaban parte todos, incluídos frades e cregos, loitas antre mozos de Grava, Laro, Vilatuxe, Lalín e Silleda, contra os da Terra de Montes, cotos e xurisdicción do mosteiro de Acibeiro (Beariz, Duasiglesias, Forcarei, Millarada, Pereira, Soutelo, Acibeiro)…

Semellantes grescas acabaron coa festa, que deixou de celebrarse e como non houbo quen mirara pola ermida, foi esmorecendo e non queda máis que un escombro de pedras para indicar o lugar.

                (“Terra de Montes e terras veciñas”, Cotaredo. Revista Cultural e Turística do Concello de Forcarei, 1, 1998).