Igrexa de Moldes e sepulcro de A. Losada Diéguez
23 de 33

Igrexa de Moldes e sepulcro de A. Losada Diéguez

Igrexa

A igrexa de San Mamede de Moldes aséntase sobre un castro. É de estilo románico de finais do século XII ou comezos do XIII e foi construída pola Orde do Temple (sobre a porta principal está representada a cruz desta orde relixioso-militar). Posúe unha soa nave con bóveda de canón apuntada e ábsida rectangular.

Conta cunha única capela lateral, mandada construír no ano 1638 por Bartolomeu Rodríguez Tizón e Victoria de Luzón, que posteriormente pasou á familia Losada Diéguez, na que ten o panteón, para o que se aproveitaron como ornamento restos dun baldaquino coa representación da Flaxelación, a Virxe da Quinta Angustia e un fragmento do Xuízo Final. Aquí xace Antón Losada Diéguez, que faleceu en Pontevedra o 15 de outubro de 1929, cando aínda non cumprira os 45 anos.

Hai outra igrexa do século XVIII, baixo a advocación de San Bieito.

NAS PALABRAS DE ANTONIO FRAGUAS

Tenemos la referencia de otro testigo y testigo de calidad, que hace muchos años nos hablaba de los libros y de los afanes culturales de Carballino, era mi gran amigo y maestro Antonio Losada Diéguez, que desde Moldes, venía a la tertulia de amigos y familiares, volviéndose al atardecer para disfrutar de los maravillosos ponientes oyendo la voz de las campanas que marcha sobre los horizontes sin descubrir muchas veces los garbosos campanarios de cuantas iglesias románicas o barrocas, presiden las feligresías de la comarca. Entre esos atardeceres se remozaban lecturas y hasta emociones…

(“El señorial Carballino”, La Noche, Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1964).

            Todos temos unha lembranza de cantos profesores formaban o claustro do Instituto ou da Facultade durante a época do noso paso polas aulas como alumnos. Algúns deixaron en nós rencor dos medoñentos, non somentes no Instituto, senón denantes, outros recórdanse polo seu saber pero hai os que nos enseñaron ademais da materia da asignatura, outras moitas cuestións que van con un como o gran tesouro de moitos quilates que fundamentou toda a nosa riqueza espritual, este foi o caso de Don Antonio Losada, por iso eu pra recordalo non precisaba os seus cen anos, porque o recordo sempre, e recordo como si fora ademais de alumno veciño, compañeiro no Ateneo de Madrí ou en calquer outro lugar, como nas ruas de Toledo ou na esquina da casa da Pardo Bazán, no Carballiño, no arco da farmacia.

(“Don Antonio Losada Diéguez: mestre inesquecido”, La Voz de Galicia, 20 de decembro de 1984).